IESIDE celebra mañá un obradoiro práctico de blockchain no seu Campus de Vigo

Impartirase mañá sábado 25 de maio entre as 9.30 e as 14.30 h
Publicado por o día 24/05/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

IESIDE celebra mañá un obradoiro práctico de blockchain no seu Campus de Vigo

IESIDE presenta o obradoiro práctico «Desenvolve o teu primeiro proxecto blockchain» no seu Campus de Vigo (avda. de Madrid, 60). Impartirase de forma gratuíta mañá sábado 25 de maio desde as 9.30 ata as 14.30 h e xa se cubriron todas as prazas dispoñibles para participar.

Está dirixido a todos aqueles que queiran coñecer en profundidade como funciona unha blockchain e comezar a desenvolver proxectos. Con esta actividade, dividida en tres partes diferenciadas, os asistentes poderán desenvolver un proxecto desde cero utilizando tecnoloxía Hyperledger:

– «Introdución: Que é blockchain?», con Antonino Comesaña

– «Desenvolvemento dunha aplicación con Composer», con Diego Lago

– «Deseño e despliegue de organizacións en Fabric», con Javier Casanova

Comentar noticia

Your email address will not be published.