IESIDE inicia un novo curso cunha completa oferta académica de mestrados

Entre outubro e novembro dará inicio o Master in Business Administration Full-Time (MBA), o Master in International Business, o Mestrado en Dirección Económico-Financeira e o Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial I O 96 % dos estudantes de IESIDE encontra traballo en menos dun ano
Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

IESIDE inicia un novo curso cunha completa oferta académica de mestrados

IESIDE presenta a súa oferta académica de másteres para o este curso 2019-2020 baseados nun modelo académico diferencial, adaptable e innovador e especializados nas necesidades reais do mercado laboral. De feito, o 96 % dos estudantes de IESIDE atopa traballo en menos dun ano. A partir de mañá, martes 15 de outubro, darán inicio catro dos máis prestixios mestrados impartidos polo centro de educación superior promovido por ABANCA e Afundación. O Master in Business Administration Full-Time (MBA), o Master in International Business, o Mestrado en Dirección Económico-Financeira e o Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial poderanse seguir no Campus IESIDE Vigo ou no da Coruña.

OS MESTRADOS

O Master in Business Administration Full-Time (MBA) de IESIDE capacita ao estudantado como profesionais á vangarda da xestión e dirección de empresas. Trátase da única titulación universitaria oficial de posgraduado ofrecida por un centro privado. O 97 % das persoas que cursaron o MBA de IESIDE atoparon traballo en menos dun ano e o 84,5 %, en menos dun mes. Mañá, 15 de outubro, darán comezo as clases no Campus IESIDE Vigo, e o mércores 16, no Campus IESIDE A Coruña.

O 24 de outubro dá inicio no Campus IESIDE da Coruña o Master in International Business (MIB), o único plenamente bilingüe en Galicia e que foi deseñado como un

programa transformador cun enfoque específico cara á diversidade cultural e a toma de decisións en contornas altamente cambiantes, cuxa principal liña de traballo reside no coñecemento práctico de ferramentas operativas de import-export, á vez que se abordan as decisións de innovación e expansión global.

O Mestrado en Dirección Económico-Financeira de IESIDE foi deseñado co obxectivo de axudar ás persoas que o cursan coa súa adaptación a novas esixencias do contexto actual: o dinamismo da contorna, a liberalización dos mercados e as dificultades para competir nunha economía cada vez máis globalizada. Desenvolverase no Campus IESIDE de Vigo a partir do 24 de outubro.

O 8 de novembro no Campus IESIDE de Vigo comeza o novo curso do Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), desenvolvido en colaboración ESIC. É o mestrado de referencia para asumir funcións directivas no ámbito do marketing, a organización comercial e os negocios. Cunha revisión anual dos seus contidos, a diferenciación deste programa fronte a outros é o seu grao de actualización ás últimas necesidades do mercado e o seu enfoque dixital no que se desenvolverá o mundo empresarial do futuro.

IESIDE promove un programa de bolsas destinado a apoiar o estudantado, que tamén ten á súa disposición un programa de financiamento de estudos, ABANCA Estuda, deseñado pola primeira entidade financeira de Galicia.

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en 2016 por iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado polos 30 anos de experiencia da súa escola de negocios, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria actual. Conta con 168 profesores, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional e nas súas aulas fórmanse máis de 3500 estudantes cada ano.

O recoñecemento cara a IESIDE aséntase, entre outros diferenciais, no constante proceso de actualización do ecosistema dixital, que o sitúa á cabeza da implementación de modelos de ensino blended, nos que se combinan os beneficios da presenza nas clases cos dos recursos informáticos, que permiten, entre outros moitos avances, videoconferencias interactivas intercampus mediante aulas dotadas con cámaras robotizadas con autotracking, tecnoloxía de recoñecemento facial e sistemas de microfonía de ambiente de última xeración, que sitúan a IESIDE nun lugar destacado da implantación informática. IESIDE consolidou as colaboracións con prestixiosas institucións de educación superior de Europa, Asia e América, estendendo a internacionalización do proxecto, cun incremento no último curso do 49% no número de estudantes con perfil internacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.