IESIDE inicia un novo curso en setembro cunha oferta académica renovada

A oferta abarca alternativas de formación para cada etapa da vida profesional
Publicado por o día 07/08/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

IESIDE inicia un novo curso en setembro cunha oferta académica renovada

IESIDE renova a súa oferta académica para o vindeiro curso 2019-2020, a través dun modelo académico diferencial, adaptable e innovador, que engloba as diferentes etapas da vida profesional. Así, os programas que se ofertarán durante este curso académico 2019-2020 abarcan desde os estudos universitarios de grao, no Grao en Administración e Dirección de Empresas, a mestrados oficiais e profesionais e programas especializados.

OS PROGRAMAS

En setembro dará comezo o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), o único oficial con dobre titulación internacional impartido por unha institución de educación superior privada galega. A posibilidade de acceder a esta opción internacional provén dos acordos de intercambio de IESIDE coa Dublin Business School, unha institución de recoñecido prestixio. Así mesmo, a metodoloxía académica que se segue neste grao é de tipo práctico, adestrando sobre situacións reais, con actividades adicionais fóra do propio recinto académico, con simulacións empresariais, visitas a empresas, foros e conferencias. Tamén se incentiva o adestramento en competencias, mentres se desenvolve unha formación na que o inglés actúa tamén de lingua vehicular. O 96 % dos estudantes de grao de IESIDE atopan traballo en menos dun ano e unha porcentaxe moi similar volvería escoller este centro para os seus estudos.

O Master in Business Administration (MBA) de IESIDE capacita ao estudantado como profesionais á vangarda da xestión e dirección de empresas. Trátase da única titulación

universitaria oficial de posgrao ofrecida por un centro privado e que consta de dúas modalidades, full-time e part-time. O 97 % das persoas que cursaron o MBA de IESIDE atoparon traballo en menos dun ano e o 84,5 %, en menos dun mes.

Na mesma esfera do MBA, pero destinado a persoal directivo e xestor de sólida experiencia, IESIDE oferta o seu Executive MBA, para que continúen ampliando horizontes. Está avalado polos máis de 800 profesionais que xa o cursaron e que desempeñan postos de responsabilidade nas máis importantes empresas de Galicia e do norte de Portugal.

No contexto dos mestrados profesionais, IESIDE ofrece un completo abano de cursos de posgrao avalado pola colaboración con empresas e centros académicos de referencia nos diferentes ámbitos. Ademais, están deseñados co asesoramento de persoal directivo e xestor para adaptalos ás necesidades reais da empresa, aplicando técnicas e ferramentas de implementación inmediata. Deste xeito, no próximo curso académico poderanse cursar os seguintes mestrados: Mestrado en Dirección Económico-Financeira, Master in International Business, Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), Mestrado en Marketing Dixital e Mestrado SAP.

Adicionalmente, IESIDE desenvolve programas especializados, de media e curta duración, cos que se achegan novas solucións aos desafíos que se presentan tanto na dirección de organizacións como nas áreas de traballo específicas. Formación flexible e práctica na que se abordarán os novos retos de xestión. Na liña Executive enmárcanse o Programa Executive en Desenvolvemento Directivo e o Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas. Os programas superiores abarcan a Dirección de Vendas e o Márketing Dixital. Na área de especializados sitúanse o de Xestión Financeira, Planificación e Control de Xestión, Dirección Financeira, Xestión de Operacións Internacionais, Marketing Internacional, Expansión Internacional, Big Data & Business Intelligence ou Blockchain.

Co fin de promover a actualización permanente, IESIDE organiza numerosos seminarios, xornadas e conferencias que achegan novos enfoques para os retos constantes das empresas. Ademais, a través da Formación In-Company deséñanse programas formativos específicos á medida de cada empresa.

IESIDE promove un programa de bolsas destinado a apoiar ao estudantado, que tamén ten á súa disposición un programa de financiamento de estudos, ABANCA Estudia, deseñado pola primeira entidade financeira de Galicia.

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en 2016 por iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado polos 30 anos de experiencia da súa escola de negocios, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria actual. Conta con 168 profesores, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional e nas súas aulas fórmanse máis de 3500 estudantes cada ano.

O recoñecemento cara a IESIDE aséntase, entre outros diferenciais, no constante proceso de actualización do ecosistema dixital, que o sitúa á cabeza da implementación de modelos de ensino blended, nos que se combinan os beneficios da presenza nas clases cos dos recursos informáticos, que permiten, entre outros moitos avances, videoconferencias interactivas intercampus mediante aulas dotadas con cámaras robotizadas con autotracking, tecnoloxía de recoñecemento facial e sistemas de microfonía de ambiente de última xeración, que sitúan a IESIDE nun lugar destacado da implantación informática. IESIDE consolidou as colaboracións con prestixiosas institucións de educación superior de Europa, Asia e América, estendendo a internacionalización do proxecto, cun incremento no último curso do 49% no número de estudantes con perfil internacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.