IESIDE presenta a masterclass «Experiencia cliente e omnicalidade» no Campus de Vigo

Juan Ignacio Pérez, consultor de formación e desenvolvemento, impartirá esta masterclass mañá xoves 20 de xuño a partir das 19.00 h

IESIDE presenta a masterclass «Experiencia cliente e omnicalidade» no seu Campus de Vigo (avda. de Madrid, 60) da man de Juan Ignacio Pérez, consultor de formación e desenvolvemento. Será mañá xoves 20 de xuño, a partir das 19.00 h. A asistencia é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente neste formulario.

Nesta masterclass de presentación do Máster en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), abordarase un aspecto fundamental na nova relación cos clientes: a omnicalidade. Para entendela é necesario facer unha reflexión sobre diferentes aspectos, como o auxe do smartphone e a App-Economy, o que leva implícito un cambio relacional, ou a propia transformación dixital que están a vivir os puntos de venda físicos. Tamén hai que analizar que papel poden xogar a recompilación e explotación dos datos de clientes, a través do big data e a intelixencia artificial, como ferramentas ao servizo da personalización da oferta.

O encargado de impartila é Juan Ignacio Pérez Martín, consultor de formación e desenvolvemento, coach executivo e de equipos, relator en conferencias e mesas redondas, consultor de negocio e profesor de IESIDE-ESIC.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM