Ignacio Fernández Toxo disertou en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

O ex-secretario xeral confederal de CCOO criticou as políticas neoliberais
Publicado por o día 18/09/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

Ignacio Fernández Toxo disertou en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

O ex-secretario confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, interveu esta mañá como relator na xornada organizada en Vigo sobre a historia e os valores das Comisións Obreiras. A actividade tivo lugar no Hotel Coia e a presentación correu a cargo de Amelia Pérez Álvarez, secretaria comarcal de CCOO.

sta xornada serviu para pór de actualidade os valores fundacionais do sindicato, plenamente vixentes hoxe en día. Como lembra o propio Toxo no libro colectivo Una vida en defensa de los trabajadores, «educámonos nun sindicalismo aberto e flexible pero cuxo norte non é outro que a defensa irrenunciable dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Uns dereitos que son substancia da cidadanía moderna ou, o que é o mesmo, substancia da civilización».

Durante a súa intervención en Vigo, Toxo foi moi crítico co sistema económico neoliberal e cos recortes acometidos para combater a crise. Na súa opinión, amais de empobrecer a sociedade, as políticas de austeridade foron o «caldo de cultivo para o auxe da extrema dereita en Europa».