Ignacio Fernández Toxo intervirá na xornada organizada en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

Mañá venres, día 14 de setembro, ás 9:30, no Hotel Coia
Por o 13/09/2018 | Sección: CC.OO,Eventos,Galicia,Sindicatos,Vigo
Ignacio Fernández Toxo intervirá na xornada organizada en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

O ex-secretario confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, intervirá como relator na xornada organizada en Vigo sobre a historia e os valores das Comisións Obreiras. A actividade terá lugar mañá venres, día 14 de setembro, a partir das 9:30 horas, no Hotel Coia. A presentación correrá a cargo de Amelia Pérez Álvarez, secretaria comarcal de CCOO.

Esta xornada servirá para pór de actualidade os valores fundacionais do sindicato, plenamente vixentes hoxe en día. Como lembra o propio Toxo no libro colectivo Una vida en defensa de los trabajadores, «educámonos nun sindicalismo aberto e flexible pero cuxo norte non é outro que a defensa irrenunciable dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Uns dereitos que son substancia da cidadanía moderna ou, o que é o mesmo, substancia da civilización».

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.