II ANIVERSARIO DOS NINGUÉNS

Publicado por o día 02/06/2017 na sección de Os Ninguéns,Social,Vigo

II ANIVERSARIO DOS NINGUÉNS

Os Ninguéns xa teñen data para o segundo aniversario do foro socioeducativoSerá este venres, día 2 de xuño, na Plaza da Princesa ás 19:30 da tarde.

Participarán escritores, poetas, músicos e bailaríns e tamén compañeiros da asociación. Este ano o tema é “MEDIO PAN E UN LIBRO”, en homenaxe a Lorca e á importancia da cultura como elemento transformador da sociedade e como instrumento da loita contra o empobrecemento da cidananía.
O grupo levará a cabo asimesmo unha homenaxe ao bailarín e coreógrafo Juan Moredo (the Trocks New York, teatro Nacional María II, Introdans Holanda…), colaborador habitual do colectivo e reconocido artista multidisciplinar, organizador de emotivos sociodramas de rúa moi coñecido pola súa loita contra a pobreza a través do arte.
Tamén farán unha “solta de libros” (levaremos libros para intercambiar gratuitamente).