III Circular de cada á II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade e 24-O

Publicado por o día 28/08/2015 na sección de Social

Nos meses de xullo e de agosto, algúns compañeirxs de distintos colectivos e organizacións fixemos un esforzo para manter acesa a chama da movilización tanto para a vindeira Asemblea Galega das MMdD o vindeiro 19 de setembro na Coruña, como para o 24-O. Nese sentido enviamos dúas circulares anteriores e mantivemos a información a través do noso blogue, twiter e Facebook.

Desde as comunicacións citadas demandábase das distintas organizacións e comarcas fundamentalmente tres cousas:

– A posta en funcionamento das ferramentas de comunicación comarcais.

– A inscripción para asistir á Asemblea Galega.

– A concreción de actos nas comarcas contando para eles cun grupo de compas que poderían apoiar ditos actos.

Constatada a paralización dos medios de comunicación comarcais, o baixo número de inscripcións para a Asemblea Galega e a concreción de so catro actos en todo o País (Ourense, Monforte, Gondomar e Marín), fainos pensar que non estamos adicando o esforzo que precisamos ás MMdD.

Vimos a recabar de todxs vos, a inmediata e máxima adicación para levar a bo porto as tarefas que temos acordado e que no inmediato sitúase na Asemblea Galega na Coruña o sábado día 19 de setembro, e a movilización no Obradoiro o 24 de outubro.

Tedes toda a información en: marchasdadignidade.blogspot.com.es

Por outra banda aproveitamos para demandar das distintas plataformas, colectivos e organizacións, a actualización financieira ca posta ó corriente das respectivas cotas.

CON OU SEN ELECCIÓNS, SEN MOBILIZACIÓN NON HAI SOLUCIÓN!!

PRENSA MARCHAS DA DIGNIDADE GALICIA