III Xornadas Feministas

Publicado por o día 02/03/2017 na sección de Eventos,Vigo

III Xornadas Feministas

Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir.

Convidámosvos a partillar connosco estas II Xornadas de formación, debate e reflexión para continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal. Terán lugar o vindeiro sábado 11 de marzo no local da Asociación de Veciños Casco Vello (rúa Cánovas del Castillo nº21, Vigo) a partir das 12:30 horas da mañá co seguinte programa:

12:30 – A muller no mundo das artes escénicas Vicky Estévez; activista da Plataforma Feminista de Pontevedra e actriz

16:30 – A loita contra os feminicidios dende as institucións: límites e posibilidades Noa Presas, deputada no parlamento galego polo BNG.

18:00 – Muller e Revolución Bolivariana Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo.

19:30 – Visita guiada á exposición “Mulleres do Silencio” no MARCO. Previa inscrición no enderezo iscagz@gmail.com