Os asuntos que se trataran durante as xornadas son: “Desigualdade e discriminación, toma de conciencia e cuarta vaga”; “A feminización da pobreza. A importancia da abordaxe desde un enfoque feminista”; “A prostitución e a trata sexual: outro ciclo da violencia de xénero”; “Muller e prisión: son as cadeas un espazo en igualdade?”; “O Xornalismo despois do 8-M”,; “Detección e protección no ámbito da violencia sobre a muller. A situación das e dos menores no ámbito da violencia. Pacto de Estado e a súa aplicación práctica” e “A intervención da medicina forense na práctica do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo”
As xornadas terán lugar na sala de conferencias do Centro Social Afundación. Inscrición gratuíta. Aforo limitado. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. A organización comunicará a confirmación da praza.
Noticias de última hora en Vigo