Ileso o condutor dun turismo despois de precipitarse ao mar co seu vehículo en Vilagarcía

Publicado por o día 03/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vilagarcia

Ileso o condutor dun turismo despois de precipitarse ao mar co seu vehículo en Vilagarcía

O condutor dun turismo resultou ileso despois de caer ao mar co seu vehículo ao saírse da vía mentres circulaba próximo á rotonda das Ameixas, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Todo sucedeu ao fío das 21:30 horas da pasada noite cando varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos. Segundo a información facilitada polas testemuñas do accidente aos xestores do 112, o coche saíuse da vía na zona portuaria da parroquia vilagarciana do Carril e caeu á auga.

De acordo co relato dos alertantes, había un único ocupante no interior do turismo que necesitaba axuda para abandonar o vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo de rescate que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros de Salvamento Marítimo e Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros e do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía e tamén dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Nada máis ter constancia do suceso, os equipos de intervención desprazáronse ata o lugar dos feitos e o condutor puido ser rescatado, ileso.

Deste xeito, os efectivos de emerxencia trataron de retirar o vehículo somerxido para evitar a contaminación na zona por mor dunha fuga de combustible. Aínda así, ao largo do día de hoxe, un equipo especializado se acercará ao local para realizar as comprobacións necesarias.

Cómpre sinalar que desde o Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)  tamén avisouse a agrupación de Protección Civil de Vilagarcía de Arousa por se fose necesaria a súa colaboración.

Comentar noticia

Your email address will not be published.