Ileso o único tripulante dunha embarcación na que se declarou un incendio en Camariñas

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Sucesos

Ileso o único tripulante dunha embarcación na que se declarou un incendio en Camariñas

O único tripulante dun barco resultou ileso despois de que se declarase un incendio na embarcación coa que navegaba en Camariñas, concretamente en Faro Villano.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o mariñeiro puido chegar a terra a nado e non precisou asistencia sanitaria.

Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicia ás 6:20 horas.

A  partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero e unha embarcación de rescate. Tamén, os xestores do CIAE 112 Galicia informaron do ocorrido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o barco incendio foi remolcado ao porto de Camariñas.