Illadas vinte persoas que asistiron a unha festa nun barco en Vigo tras aparecer un contaxio

Publicado por o día 23/07/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Sucesos,Vigo

Illadas vinte persoas que asistiron a unha festa nun barco en Vigo tras aparecer un contaxio

Ao redor dunha veintena de persoas permanecen illadas tras asistiren a unha festa privada nun barco na ría de Vigo, unha das cales deu positivo por COVID-19, informaron fontes do Servizo Galego de Saúde.

A todas estas persoas estanas sometendo a probas de detección, engadiron as fontes.

Así, permanecen illadas nas súas vivendas á espera dos resultados dos test PCR, que se prevé que se coñezan entre este xoves e este venres.

En concreto, os feitos tiveron lugar cando unha moza participou nunha festa realizada nun barco na cidade olívica. Tras arroxar un resultado positivo en COVID-19, contactouse cos demais asistentes ao evento para realizarlles as probas correspondentes e determinar se tamén se contaxiaron.

Con este caso e os outros seis confirmados no Porriño, a cifra de contaxios activos na área sanitaria de Vigo elevouse nas últimas horas ata os 27, segundo as últimas estatísticas actualizadas da Consellería de Sanidade.

Sanidade confirma un brote de coronavirus no Porriño con seis contaxios

A Consellería de Sanidade confirmou ao Concello do Porriño a localización neste municipio pontevedrés dun brote de coronavirus con seis contaxios, segundo informaron fontes da corporación local.

O primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a enfermidade á súa noiva e aos familiares máis próximos de ambos.

Todos eles están illados nos seus domicilios e estáselles realizando un seguimiento a través dos médicos de atención primaria.

Xa se realizaron unha serie de probas PCR e os cuxos resultados se coñecerán ao longo desta xornada. A probas van axudar a determinar se o radio de contaxios é máis amplo.

O brote está localizado no centro do Porriño, onde seis persoas da mesma familia deron positivo tras unha xuntanza familiar.

Os rastrexadores dos equipos de atención primaria teñen máis dunha vintena de persoas en corentena ao estaren en contacto con estes positivos aos que xa se lles están realizando as probas PCR para poder determinar o alcace deste brote.

Dende a Consellería de Sanidade e tamén dende o propio Concello piden precaución a toda a cidadanía, sobre todo agora que o verán propicia as festas familiares e de lecer.

Comentar noticia

Your email address will not be published.