A iluminación de Nadal decorará este ano 400 rúas e prazas con 6.000.000 de puntos de luz

O acto do acendido da iluminación de Nadal contará mañá sábado coa actuación do grupo Broken Peach. Tal e como avanzou o rexedor, este ano son 400 os emprazamentos que lucirán decoración cun total de 6.000.000 millóns de puntos de luz.
Publicado por o día 24/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A iluminación de Nadal decorará este ano 400 rúas e prazas con 6.000.000 de puntos de luz

Vigo contará este Nadal con 400 rúas e prazas iluminadas cun total de 6.000.000 millóns de puntos de luz, 885 arcos e máis dun centenar de árbores naturais iluminados, aos que se suman outros trinta artificiais. En declaracións aos medios, Caballero detallou os elementos da decoración de Nadal que se inaugurará mañá sábado, ás 19,00 h na Porta do Sol. Son 45 figuras de chan de ata 5 metros; 3 árbores de gran formato; 6 amendoeiras de 8 e 6 metros, en Gran Vía e Carlos Oroza; 4 sombrillas, na Praza Independencia, na da Pedra, na da Constitución e no cruce de Colón con García Barbón e Policarpo Sanz; iluminación de Museo marco, a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes; así como iluminación especial nas rotondas da Praza América e da Praza de España.

Como elementos especiais, destacou a bola instalada na Farola, con 12 m de diámetro e 14 de alto, 4.000 kg de peso, 45.000 puntos de luz e unha potencia de 12.500 watios, e o árbol de 32 metros ( o do ano pasado foi de 25), un diámetro de 12 metros, 20.000 quilos e unha potencia de 20.000 watios. Haberá ornamentación vexetal e non vexetal na rúa Príncipe, con 5 ubicacións diferenciadas, incluídas a Porta do Sol, Eduardo Iglesias e a Praza da Constitución.

Tal e como explicou, Papá Noel chegará a Vigo o día 2 para atender aos nenos e nenas na súa casa, instalada tamén na rúa Príncipe.

Este ano, o Concello, ademais das figuras iluminadas da Concatedral, inaugurará a próxima fin de semana un Belén instalado na Casa das Artes un Belén que ocupa unha superficie de 100 m2 . Son unhas 300 pezas de entre 24 e 25 centímetros realizadas por 30 persoas durante tres anos. Neste representación se reproducen os oficios da época, da vida cotiá, mercadeo, pastoreo….pero con guiños á cidade de Vigo como a Igrexa de Bembrive, a lonxa de pescado ou as ruínas de Toralla.

Licenza
En comparecencia pública, Abel Caballero informou da concesión de licenza para a construcción dun edificio de 26 vivendas con protección pública na zona de Canicouva. O alcalde explicou que o orzamento de execución ascende aos 2,5 millóns para unha superficie total de case 5.000 metros cadrados.