«Imos ao cine», con Asier Mensuro, nos Directos de Afundación en casa

Conducida por Asier Mensuro, «Imos ao cine» analiza ao longo de tres sesións o cine de ciencia ficción, o suspense de Hitchcock e de animación
Publicado por o día 21/04/2020 na sección de Cultura

«Imos ao cine», con Asier Mensuro, nos Directos de Afundación en casa

. Afundación en casa presenta a segunda das entregas de «Imos ao cine» con Asier Mensuro, que será mañá, mércores 22 de abril, e xirará en torno ao xénero do cine de suspense centrado na figura de Hitchcock. «Imos ao cine» articúlase en tres sesións que se emiten todos os mércores ata o 29 de abril nos Directos de Afundación – TV a partir das 19.00 h. O tráiler deste programa pódese ver aquí.

Asier Mensuro, historiador de cine e de banda deseñada, é unha das voces máis autorizadas do noso país. Semanalmente, Mensuro realizará un percorrido para estudar a orixe e as características de cada un dos xéneros seleccionados, desvelando curiosidades a partir da análise tanto de filmes icónicos coma doutros menos coñecidos. Así mesmo, Mensuro ofrecerá unha recomendación de plataformas e páxinas web a través das que poder ver moitas das películas mencionadas. Pola súa banda, ao longo destas sesións, o público poderá interactuar para trasladar as súas inquietudes e consultas na última parte de cada un destes directos. Trátase, en definitiva, de presentar unhas recomendacións do máis variadas con dous elementos en común: a calidade da proposta e o interese cultural e formativo das análises.

«Afundación en casa»

«Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo, tamén, un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolven persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.

O obxectivo é acompañar á sociedade no seu deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a prol do avance social, esfórzase por apoiar á cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.

Toda esta actividade, integrada por máis de 300 recursos, é facilmente accesible nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.