Alexandra Fernández: “Se o goberno central e o PPdG non defende que os mariñeiros de Long Hope cobren as súas pensións, farémolo nós”.
As candidatas número un e número dous de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez reuníronse esta tarde cunha delegación da asociación de mariñeiros xubilados Long Hope. Reunión á que tamén acudiu o deputado de AGE, Antón Sánchez.
Long Hope agrupa a uns 12.000 mariñeiros de todo o estado español, dos que uns 10.000 son galegos. O colectivo reclama ao goberno de Noruega o pagamento das súas pensións de xubilación despois de anos traballando para empresas noruegas e pagando impostos naquel país.
As candidatas de En Marea comprometéronse a facer que as demandas destes mariñeiros sexan atendidas pois, a dicir de Alexandra Fernández, “nin o goberno central do PP nin o goberno da Xunta están a defender como era a súa obriga a este colectivo tan numeroso de traballadores do mar. Teremos que facelo nós”. Pola súa banda, Ángela Rodríguez considerou “
Antón Sánchez, pola súa banda, informou das constantes negativas do Partido Popular de Galicia, en sede Parlamentaria, para atender as reivindicacións deste colectivo de mariñeiros xubilados.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.