O pasado venres 19 de Outubro levou a cabo na Sala Adelante da rúa López Mora nº 15 de Vigo, a inauguración da colección OLLADAS dos pintores Asun Gzlez & Franck Sastre.
Unha colección chea de cor e forza nas miradas intensas que nos presentan ao máis puro estilo StreetArt.
Dita exposición tivo unha gran acollida polo público de Vigo onde os 2 artistas deleitaron aos asistentes cun mural pintando en directo “Live Painting” nunha das paredes da sala.
A Exposición OLLADAS estará aberta ao público de forma gratuíta ata o 30 de Novembro 2018, despois esta Mostra marchará por outras cidades de España e do estranxeiro.
Noticias de última hora en Vigo