Inaugurado o Campionato Europeo Júnior de Loitas Olímpicas que se disputará no Pavillón Municipal de Pontevedra ata o vindeiro 9 de xuño

O secretario xeral para o Deporte destaca a loita como un “deporte estendido, coas súas especificidades e particularidades en cada territorio que nesta semana danse a man en Pontevedra, capital europea da loita”
Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Xunta de Galicia

Inaugurado o Campionato Europeo Júnior de Loitas Olímpicas que se disputará no Pavillón Municipal de Pontevedra ata o vindeiro 9 de xuño

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de onte na inauguración do Campionato Europeo Júnior de Loitas Olímpicas que terá lugar na cidade do Lérez ata o vindeiro domingo 9 de xuño. Na súa intervención, o responsable do deporte galego destacou a loita como un “deporte estendido, coas súas especificidades e particularidades en cada territorio que nesta semana danse a man en Pontevedra, capital europea da loita”.

O mandatario galego aproveitou a súa quenda para gabar a traxectoria dos tres participantes galegos como son Nerea Pampín (-65 kg. Club Keltoi de Vila de Cruces), Carlos Yobani (-65 kg. Club Loitas Olímpicas Vilalba) y Santiago Sánchez (-86 kg. Club Keltoi de Vila de Cruces). “Non cabe dúbida de que os tres demostrarán o músculo co que conta a loita en particular e todo o deporte galego en xeral”, dixo.

No Campioanto Europeo Júnior de Loitas Olímpicas participarán un total de 800 deportistas de 37 países nas tres especialidades deportivas de loita grecorromana, loita libre feminina e loita libre olímpica. Destes 800 deportistas, un total de 30 pertencen á selección española e os tres nomeados con anterioridade, son galegos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.