Inaugurado un nuevo tramo de García Barbón

Publicado por o día 27/12/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Inaugurado un nuevo tramo de García Barbón

Abel Caballero destacou o traballo de humanización que acomete o goberno municipal en García Barbón durante a inauguración dun novo tramo, o que se estende desde Serafín Avendaño ata Rosalía de Castro, na marxe impar, que supuxo un investimento superior ao medio millón de euros.

Segundo detallou o rexedor, ao longo de 150 metros con beirarrúas de granito, renováronse as tubaxes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais, situáronse 6 farois novos con luces LED “de grande intensidade”, un sistema novo de rego para as árbores das que se repuxeron algúns exemplares deteriorados, así como seis xardineiras, cinco bancos e papeleiras.

Caballero explicou que o Concello traballa na humanización do tramo comprendido entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, no que xa se realizaron as catas arqueolóxicas que “deron ben” malia que, segundo expuxo, Patrimonio da Xunta de Galicia non autorizou o proxecto de humanización dese tramo debido ao conxunto escultórico da rotonda de Isaac Peral. Isto impide, apuntou, que o Concello actúe en todo o tramo, algo que censurou o alcalde.

Emprego
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente de contratación de “Servizos de asesoramento a PEMES e emprendedores dentro da estratexia DUSI “Vigo Vertical”, cofinanciado polo Fondo Europeo Rexional. Trátase dun programa, dotado con 500.000 euros, que busca a inclusión social a través do apoio a PYMES e emprendedores promovendo e orientando novos proxectos para crear actividade.

Segundo apuntou o alcalde, ata este momento, o Concello ten asesorado xa a 515 persoas, o el 56% mulleres, o 41%, usuarios con estudos superiores e o 56% desempregados, nun total de 421 proxectos asesorados de diferentes ámbitos.

Una respuesta para "Inaugurado un nuevo tramo de García Barbón"

  1. Gamela   28/12/2019 at 11:37

    Así con esta nova achega de medio kilo a SAREB venderá mellor os pisos de luxo que pagamos todos nós, e que nunca na vida teremos acceso a eles…
    https://flic.kr/p/2adsfta

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.