Inaugúrase en Zona Franca o XXVII Encontro Humboldt sobre a ciencia e o mar

Por o 13/09/2018 | Sección: Galicia,Vigo
Inaugúrase en Zona Franca o  XXVII Encontro  Humboldt sobre a ciencia e o mar

Coa presenza do Reitor da UVigo, o Delegado de Zona Franca, o presidente do Consello Social da Universidade, o concelleiro de Cultura, o director de Cultura da embaixada alemá e o presidente da asociación Alexander von Humboldt, inaugurouse esta tarde en Zona Franca o XXVII encontro da asociación española que leva o nome do científico alemán e que na súa reunión anual debaterá ao máis alto nivel científico en Vigo sobre “a ciencia e o mar, sustentabilidade e desenvolvemento”.

A Asociación española Alexander von Humboldt é unha asociación sen ánimo de lucro e de carácter científico-técnico-cultural que reúne aos antigos bolseiros e premiados españois, ou residentes en España, desta fundación alemá. Actualmente a Asociación compóñena 225 socios, a maioría profesores universitarios e investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Tamén contan con socios que desenvolven o seu labor en hospitais e empresas de distinta natureza, así como profesionais libres, principalmente médicos e avogados.Coa presenza do Reitor da UVigo, o Delegado de Zona Franca, o presidente do Consello Social da Universidade, o concelleiro de Cultura, o director de Cultura da embaixada alemá e o presidente da asociación Alexander von Humboldt, inaugurouse esta tarde en Zona Franca o XXVII encontro da asociación española que leva o nome do científico alemán e que na súa reunión anual debaterá ao máis alto nivel científico en Vigo sobre “a ciencia e o mar, sustentabilidade e desenvolvemento”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.