Inaugúrase na Sede Afundación Vigo a mostra coas imaxes dos beléns presentados ao concurso da Obra Social ABANCA

As fotografías dos beléns expoñeranse ao público na Sede de Afundación de Vigo a partir de mañá, xoves 17 de decembro

Mañá, xoves 17 de decembro, abrirase ao público, na Sede Afundación Vigo, a mostra coas fotografías, realizadas polo profesional da imaxe Xulio Gil, de todos os beléns que nesta 55 edición do premio se presentaron ao concurso. O horario de apertura ao público é de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 21.00 h e sábados de 17.30 a 21.00 h. Os días 24 e 31 de decembro, de 11.00 a 14.00 h, e o 6 de xaneiro, de 17.30 a 21.00 h. Os domingos e festivos, pechada.

O Concurso de beléns de Afundación, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número 55, cambiou nesta ocasión o seu formato para adaptarse ás novas condicións de seguridade sanitaria. Así, os participantes non montaron as súas creacións na sala de exposicións do Teatro Afundación, como viña sendo habitual, senón que achegaron fotografías dos beléns realizados, 26 en total.

O premio na categoría individual, á «maior creatividade», foi para Nerea Barxa Corral. O galardón á «maior claridade na súa mensaxe solidaria» recaeu na Asociación Galega San Francisco e o premio á «mellor execución» foi concedido á Residencia Ballesol. Así mesmo, resultaron finalistas en cada unha das tres categorías Narciso Corral, Conchita e Rafael González-Besada López e a Asociación AFAGA- Alzheimer. Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro

premio ao Obradoiro Fósil; o segundo ao belén presentado polo Colexio Martín Codax e finalmente, o terceiro premio ao CEE Saladino Cortizo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario