Incautan en Castrelos 19 cervexas que se atopaban depositadas no interior dunha caixa de Poliestireno Expandido

Publicado por o día 31/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Incautan en Castrelos 19 cervexas que se atopaban depositadas no interior dunha caixa de Poliestireno Expandido

Novamente realizouse incautación de bebidas na noite do luns ás 23:00 horas e como non podía ser doutra maneira no parque de Castrelos, ao comezo dun concerto.

Unha patrulla atopábase de servizo no parque, pola contorna do evento musical que alí se celebraba cando observaron a unha persoa exercendo venda ambulante de cervexas con alcol, dunha coñecida marca.
Ante a evidencia, procederon á identificación da persoa que estaba a realizar a venda ambulante sen autorización administrativa, resultando ser M.L.M, nado e domiciliado en Vigo, de 55 anos de idade.
Procederon a levantar acta de incautación da mercadoría que vendía un total 19 cervexas que se atopaban depositadas no interior dunha caixa de Poliestireno Expandido “Poliexpan” que transportaban cun “carriño”.

O filiado foi informado que sería proposto para sanción polos motivos anteriormente descritos e a mercadoría trasladada e depositada nas dependencias desta Policía Local de Vigo, como vén establecido nestes casos.