Un incendio deixa danos materiais nunha nave de construción na Coruña

Publicado por o día 27/12/2017 na sección de Sucesos

Un incendio deixa danos materiais nunha nave de construción na Coruña

Un incendio declarado esta tarde nunha nave de tratamento de ferro na Coruña provocou diversos danos materiais no seu interior. O lume calcinou o soto do local e unha zona de vestiarios. Ademais, debido á alta temperatura, víronse afectadas unhas escaleiras mecánicas e a instalación eléctrica.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ao carón da nave situábanse outros dous locais destinados ao tratamento de plásticos e de áridos. Os Bombeiros da Coruña e os Bombeiros de Arteixo ventilaron o primeiro, aínda que ningún deles resultou afectado polas lapas.

Os feitos tiveron lugar na rúa Monte Rabadeira, no Polígono da Artística. Un particular contactaba co 112 Galicia ás 15:05 horas para informar do incendio. Indicaba que nese momento  a nave atopábase pechada.

A partir de aí, dende o CIAE pasábase o aviso aos Bombeiros da Coruña, á Policía Local, a Augas de Galicia e ao 061-Urxencias Sanitarias. O persoal do CIAE informou, tamén, aos Bombeiros de Arteixo.

Ata o lugar desprazáronse tres vehículos dos Bombeiros da Coruña que, segundo indicaron ao 112 Galicia, empregaron 5.000 litros de auga na extinción do incendio. Pola súa banda, a dotación de Arteixo levou a cabo tarefas de ventilación na nave.

O lume quedou sufocado ao fío das 17:00 horas.