Incendio no cadro xeral eléctrico dun supermercado en Noia

Publicado por o día 05/09/2019 na sección de Sucesos

Incendio no cadro xeral eléctrico dun supermercado en Noia

Un incendio declarado no cadro eléctrico dun supermercado en Noia provocou alarma no local. Segundo puido saber o 112 Galicia, o persoal do establecemento desaloxou o supermercado e o edificio onde está situado por mor do lume orixinado na instalación eléctrica.

Os feitos sucederon na rúa da Coruña, uns minutos despois das 12:15 horas.

O 112 Galicia tivo constancia a través dunha persoa particular e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo Municipal de Protección Civil de Noia, ao GES de Brión, á Policía Local, a Protección Civil de Noia e aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, así como á empresa subministradora de electricidade.