Incendio nun establecemento comercial en Pontevedra obriga a desaloxar a un edificio e deixa danos materiais no seu interior

Publicado por o día 16/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Incendio nun establecemento comercial en Pontevedra obriga a desaloxar a un edificio e deixa danos materiais no seu interior

Un incendio declarado no interior dun establecemento comercial na Rúa da Peregrina, en Pontevedra, puxo en alerta aos servizos de emerxencia ao mediodía de hoxe. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.

É o segundo incidente destas características rexistrado polo 112 Galicia no concello pontevedrés nas últimas 24 horas. O primeiro tivo lugar a pasada noite na Rúa de Benito Corbal e tampouco houbo que lamentar danos persoais.

Ás 12:30 horas, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar que víase saír fume do interior dun local comercial localizado no baixo do edificio. Segundo a información facilitada ao 112, nada máis producirse o incendio, os ocupantes do inmoble puideron abandonar as instalacións e os demais veciños tamén foron orientados a desaloxar as súas vivendas.

Ata o lugar dos feitos desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Pontevedra tras ser alertados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE). Unha vez rematada a intervención, ás 19:30 horas, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que ardeu unha oficina e parte do material almacenado lo local.

Desde o 112 Galicia avisouse tamén á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.