Incendio nunha cociña en Cangas

Publicado por o día 29/05/2020 na sección de Cangas,Galicia,Sucesos

Incendio nunha cociña en Cangas

Os feitos tiveron lugar ás 16:00 horas, os xestores do 112 Galicia foron informados dun incendio, provocado por unha frixideira esquecida ao lume, nunha vivenda situada na Rúa Mendez Nuñez, no concello pontevedrés de Cangas, sen que se rexistrasen danos persoais.

Foron os membros de Protección Civil da localidade quen informaron dos feitos ao 112 Galicia. No seu relato, afirmaban que foron requiridos por unha persoa particular que solicitaba axuda para conter un lume que estaba consumindo a súa cociña.

Desde o CIAE pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e do Morrazo e aos axentes da Policía Local.

Tras rematar a intervención, os equipos de emerxencias confirmaron que o incendio afectou á campá extractora e os mobles lindeiros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.