Un incendio nunha nave de explotación de polos en Guntín deixa danos no seu interior

Publicado por o día 31/12/2017 na sección de Sucesos

Un incendio nunha nave de explotación de polos en Guntín deixa danos no seu interior

Un incendio declarado esta mañá nunha nave dedicada á explotación de polos en Guntín provocou danos no seu interior. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, case a totalidade dos animais morreron a causa das lapas, que calcinaron o chan da nave, aínda que a estrutura do local non se viu afectada.

Os feitos ocorreron no lugar de Meixaboi, ao fío das 11:50 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través dun particular. Indicaba no seu relato que a nave atopábase chea de fume e que estaba ardendo a zona onde durmían os animais.

Con eses datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil. Ademais, dende o CIAE, alertouse por precaución ao 061-Urxencias Sanitarias.

Neste momento, os servizos de emerxencias atópanse no lugar do incendio asegurando o exterior da nave e arrefriando a zona. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume está controlado.