Incidencias en todos os PAC da área de Vigo ao non cubir o dereito electoral dos profesionais

Os permisos electorais non substituídos nos PAC da área de Vigo deixan unha vez máis descubertos e tempos de demora inaceptables nas salas de espera.
Publicado por o día 27/05/2019 na sección de Galicia,Vigo

Incidencias en todos os PAC da área de Vigo ao non cubir o dereito electoral dos profesionais

Os puntos de Atención continuada da área de Vigo (Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, A Cañiza, Ponteareas, Tui, O Porriño y A Garda), son os únicos dispositivos de Atención Primaria abertos que prestan asistencia sanitaria urxente tanto no centro como en domicilios ou en vía pública á poboación durante 24 horas os domingos e festivos. Por segunda vez en apenas un mes, a existencia dunha xornada electoral e os correspondentes permisos de ausencia de seus traballadores para exercer seu dereito ao voto e que non foron substituídos, encheron os PAC de descubertos profesionais. Isto traduciuse en demoras na asistencia (hasta tres horas durante a mañá no PAC de Vigo) e salas de espera cheas.

A xornada comezou complicada no PAC de A Guarda. Dos 2 médicos e 2 DUES que habitualmente cubren o servizo, só 1 de cada categoría se encontraba traballando, ao estar os outros 2 exercendo o voto. Debido a unha saída con traslado ao hospital do equipo operativo, el PAC quedou sen asistencia dende as 8 da mañá ata as 9,15h. Neste caso, unha vez más o azar permitiu que non ter que lamentar males maiores.

No PAC de Tui as esperas foron de ata 3 horas durante toda la mañá. O feito de ter que traballar a medio gas pola ausencia de substitucións propiciou feitos como que un traslado medicalizado ao hospital tivera que facerse sen o apoio do persoal de enfermería.

No PAC de Porriño, aínda que sen incidentes derivados dos permisos de votación, a situación complicouse ao non autorizarse este año o reforzo médico polo aumento de demanda xerada pola elevada afluencia de visitantes ao Festival de Cans, que aínda tendo rematado de madrugada, os seus efectos deixábanse sentir aínda pola mañá no PAC porriñés.

A existencia de permisos non cubertos no PAC de Redondela,non xeraron especiais problemas, non sendo así no PAC de Ponteareas onde la situación foi especialmente caótica durante toda a xornada. Traballou baixo mínimos durante a mañá, pero foi pola tarde cando se produciu a situación más grave ao quedar el PAC sen ningún persoal sanitario durante dos horas (16.00 a 18.00h), pola coexistencia de dúas emerxencias simultáneas fora do PAC, deixando o centro sanitario, que habitualmente soporta unha alta e complexa demanda, baleiro de persoal médico e de enfermaría durante dúas das horas centrais da tarde.

O obxectivo desta comunicación é a de evidenciar unha vez máis que a asistencia nos PAC é un tema menor para a xerencia da área de Vigo. Xa non é que en ningún momento contemplen cubrir as ausencias ou intenten responsabilizar das mesmas aos profesionais, que solo pretenden exercer un dereito, como neste caso o dereito ao voto, se non que seguimos a confiar no azar para que “non pase nada” durante os tempos que los PAC se quedan sobrecargados, con persoal esgotado e traballando coa metade dos recursos habituais ou directamente sós, sen posibilidade de prestar asistencia directa.