O infantil masculino A do C.B. Seis do Nadal-Coia consegue o ascenso a 1ª división

Por o 25/09/2017 | Sección: Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo
O infantil masculino A do C.B. Seis do Nadal-Coia consegue o ascenso a 1ª división

O grupo Infantil Masculino “A” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, dirixido por Diego Montenegro e Sandra Solano, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para aLiga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada.

O conxunto do Seis do Nadal – Coia xogou na Fase Previa de Clasificación ante o PBB “A” (O Porriño), CB Ría de Ribadeo e Vistaoptica Narón Básket Ferrol. Cun balance de tres vitorias nos tres partidos disputados o noso equipo conseguía finalizar na primeira praza do grupo e certificaba así a súa clasificación para a Primeira División.