Información sobre compostaxe en Rodeira

Por o 11/09/2017 | Sección: Cangas,Eventos,Galicia,Medio Ambiente
Información sobre compostaxe en Rodeira

A veciñanza poderá acudir mañá, día 12 de setembro, ao composteiro sito en Rodeira a partir das 10:30 horas. Alí levarase a cabo a realización do cribado de material, así como o reparto de bolsiñas de compostaxe, que se outorgarán tanto aos usuarios recorrentes como ás persoas que se acheguen preguntando polo sistema de tratamento de residuos orgánicos.

En xeral, trátase dunha iniciativa que garante que a poboación se informe de primeira man sobre o funcionamento e a finalidade destes centros, algo que xa se viña realizando a través doutras actividades, tal e como puido ser a visita dos escolares do colexio de Nazaret, que puideron observar todo o proceso de compostaxe e, incluso, participar nalgunha das súas tarefas.

De momento, os composteiros urbanos da vila de Cangas están “sendo un éxito”. Os tres centros, situados na contorna do edificio dos Xulgados, xunto ao Parque de Andrea e nas inmediacións do aparcamento de Rodeira; comezaron a funcionar a comezos deste ano e, transcorridos varios meses, obtivéronse cerca de 1800 litros de compost cribado de gran calidade debido ao alto contido en nutrientes que presenta. Este compost está listo para aplicarse nas hortas ou xardinería. Xa se trataron máis de 5000 quilogramos de materia orgánica de orixe domiliciaria, xunto con, aproximadamente, 20 metros cúbicos de restos vexetais triturados. Unhas cifras que son sorprendentes, posto que se tratan de tres centros piloto de participación voluntaria.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.