Información da situación dos lumes forestais en Galicia con datos recollidos

Permanece controlado o incendio no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta 18,89 hectáreas de monte raso do parque natural do Xurés
Publicado por o día 07/10/2018 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Información da situación dos lumes forestais en Galicia con datos recollidos

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

ACTIVO A Gudiña

Estabilizado desde as 11,00 h. desta mañá o lume rexistrado no municipio da Gudiña, parroquia de Pentes, tras comezar esta madrugada ás 3,35 h. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 35 hectáreas. No lugar participan 4 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

CONTROLADO Muíños

Permanece controlado desde as 16,55 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 34 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.