Información para que os establecementos e oficinas de Cangas sexan máis accesibles

Dende o 1 de Xaneiro do ano 2016 os establecementos deben adecuarse ás condicións de accesibilidade que recolle o DB SUA en todo aquilo que sexa susceptible de axustes razoables, conforme á Disposición final novena da Lei 51/2003 do 2 de decembro (LIONDAU), á Disposición final quinta do Real decreto 505/2007 do 20 de abril e aos artigos un e trece da Lei 26/2011 do 1 de agosto de adaptación á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Un local accesible é un lugar no que se xuntan receptividade, inclusión e non discriminación, onde priman a calidade e a igualdade para todas as persoas. A definición de zonas e entradas accesibles recóllese no Documento Básico SUA (Seguridade de Utilización e Accesibilidade), actualizado en xullo do 2017, Sección 9, paxina 49, onde podedes atopar información detallada sobre espazos, medidas, zonas de paso, ramplas ou salva escaleiras.

As nosas rúas e paseos están cada vez máis preparados para o goce de todas as persoas, mais queremos  que todos poidamos acceder aos vosos negocios: bares, restaurantes, oficinas, consultas, tendas…, e así ter unha experiencia completa e gratificante, xa que as persoas e as familias con diversidade funcional tamén precisamos de bens e servizos profesionais.

Dende o Concello queremos propoñerche que eliminemos as barreiras arquitectónicas existentes e que pouco a pouco vaiamos mellorando para que todas as persoas que vivimos aquí e as que nos visiten poidamos gozar dunha acolledora vila.

Para poñerte ao día coas obrigas legais e mellorar o teu negocio podes contar connosco. Dende o Concello estamos á túa disposición para asesorarte e estar ao teu lado no camiño cara a accesibilidade, na oficina técnica de Urbanismo,  ou na de Obras e Servizos.

Descargas

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM