Iniciada a mellora do Polígono do Rebullón

A obra incl√ļe dous proxectos, un de saneamento e outro de pavimentaci√≥n. Os traballos estar√°n rematados a mediados de novembro
Publicado por o d√≠a 31/10/2017 na sección de Galicia,Mos

Iniciada a mellora do Polígono do Rebullón

A alcaldesa de Mos, Nidia Ar√©valo e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, informaron esta ma√Ī√° de que onte comezaron as obras de mellora do Pol√≠gono do Rebull√≥n, que incl√ļen sendos proxectos de saneamento e pavimentaci√≥n necesarios para dar soluci√≥n √°s deficiencias existentes no pol√≠gono. Os traballos iniciados na xornada de onte corresponden √° instalaci√≥n do saneamento e prevese que estean rematados a mediados do mes de novembro.

A primeira fase, que é a que se está realizando e corresponde á acometida do saneamento, conta coa construción dun novo pozo de bombeo e instalación de tubería de pvc de 315 milímetros de diámetro.

A segunda fase, de asfaltado, consiste na soluci√≥n t√©cnicamente m√°is adecuada para mellorar o pavimento. Nesta fase executaranse as seguintes actuaci√≥ns: fresado das zonas do pavimento existente nas zonas nas que as cotas das rasantes non son adecuadas a fin de mellorar a uniformidade superficial, e extendido de d√ļas capas de aglomerado en quente de 12 cm de espesor total, dado que o vial soporta un tr√°fico pesado. A lonxitude do vial a eixe √© de 310 metros e o ancho √© de 7 metros.

A fin de protexer o novo pavimento nas zonas nas que non existe urbanizaci√≥n lateral e de actuaci√≥ns futuras como a instalaci√≥n de beirarr√ļas ou aparcadoiros, prevese instalar unha li√Īa de ‚Äėbordillos‚Äô por cada un dos lados, no l√≠mite lateral do pavimento, de xeito que este quede confinado e cos bordes ben delimitados.

Para evitar actuaci√≥ns posteriores sobre o pavimento incl√ļese a execuci√≥n dunha serie de cruces transversais coas s√ļas correspondentes arquetas e zanxas lonxitudinais nos que se deixar√°n instaladas canalizaci√≥ns que se estima ser√°n necesarias no futuro para instalar servizos (electricidade, telecomunicaci√≥ns ‚Ķ) que agora son a√©reos.

Este macroproxecto consta de tres fases. As d√ļas primeiras, correspondentes √° acometida de servizos, son as que se est√°n a levar a cabo neste ano 2017, e a terceira de humanizaci√≥n realizarase no 2018.

Neste sentido a rexedora local mosense declarou que ‚Äúpor fin, nesta lexislatura quedar√° ordeado este parque empresarial e cun aspecto e dotaci√≥ns dun aut√©ntico pol√≠gono industrial‚ÄĚ. O Concello, que conta co aopoio de AEMOS, lidera e coordina este ambicioso proxecto con financiaci√≥n auton√≥mica na s√ļa maior√≠a, e cunha parte tam√©n de aportaci√≥n dos propios empresarios do pol√≠gono.

A a execuci√≥n deste macroproxecto conta con sendas subvenci√≥ns da conseller√≠a de Econom√≠a, Emprego e Industria con cargo a unha li√Īa de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Aut√≥noma de Galicia. Na Fase I de saneamento a administraci√≥n auton√≥mica aporta o 80% do custe total, que sup√≥n unha axuda econ√≥mica de 95.990 euros. E na Fase II de pavimentaci√≥n a Xunta asume tam√©n o 80% do orzamento total aportando 95.542 euros. En total a conseller√≠a inviste nesta obra preto de 200.000 euros.

O custe total dos traballos, incluíndo a terceira fase, superará os 500.000 euros.

Por √ļltimo a rexedora local mosense, Nidia Ar√©valo, declarou a ‚Äúnecesidade de revalorizar esta zona industrial, estrat√©xica pola s√ļa ubicaci√≥n, pero que precisaba dunha mellora estructural importante e vital para a subsistencia do pol√≠gono‚ÄĚ.