Inician a licitación do Campo do Viso

Publicado por o día 22/10/2018 na sección de Galicia,Redondela

Inician a licitación do Campo do Viso

O Concello de Redondela publicou esta semana no perfil do contratante a licitación da obra de instalación de céspede sintético e urbanización do Campo de Futbol de Tuimil en O Viso. Esta obra foi moi demandada polos veciños e polo clube de futbol Cesantes que son uns dos usuarios deste campo que ata agora se atopaba con firme de terra o que o facía impracticable no inverno.

O proxecto realizado polo concello conta cun orzamento de 476.000 euros e será financiado con cargo ao remanente xa que se conseguiu aprobar no pleno municipal pese a oposición do PSOE, do BNG e de PODE.

Trátase dunha obra non exenta de polémica xa que nunha moción do pleno se aprobou por unanimidade que a deputación financiase este campo como fai noutros concellos ou fixo no seu día co Campo do Choco. Xa no pleno da Deputación o Psoe votou en contra incluindo a Deputada Digna Rivas que votara no pleno municipal a favor o que fixo que os veciños que acudiron ao pleno de deputación abuchearan a súa actitude.

O concella ante a falta de compromiso da deputación decidiu financiar das arcas municipais esta necesaria obra.

As obras que se licitan inclúen 6.552 metros cadrados de céspede artificial, 625 metros cadrados de asfalto perimetral e 2.600 metros cadrados de zona ajardinada. A obra inclúe a instalación do céspede, sistema de riego, saneamento e iluminación así como o acondicionamento perimetral do mesmo coa instalación de novos cerres perimetrais