Inician as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui

Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses
Publicado por o día 05/08/2020 na sección de Galicia,Tomiño,Tui,Xunta de Galicia

Inician as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño.

Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses.A intervención está enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas.

A Consellería de Infraestruturas, considerando as achegas recibidas no proceso de información pública, definiu a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150; e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no Concello de Tui.

Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. Reforzarase a iluminación específica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores.

Tamén se construirán beirarrúas no perímetro das glorietas executadas e se reubicarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.