Inician os traballos de mellora da seguridade viaria na PO-254 que beneficiarán as parroquias de Bugarín, Prado e Pías en Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou a posta en marcha estas obras que suporán a execución dunha semiglorieta para permitir os cambios de sentido, así como a mellora de dúas interseccións en cada un dos dous puntos quilométricos máis conflictivos
Por o 09/04/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas,Xunta de Galicia
Inician os traballos de mellora da seguridade viaria na PO-254 que beneficiarán as parroquias de Bugarín, Prado e Pías en Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá a posta en marcha das obras de mellora da seguridade viaria da PO-254 que teñen como obxectivo beneficiar aos veciños das parroquias de Bugarín, Pías e Prado.

Estes traballos, que teñen un prazo de dous meses de execución, contan cun orzamento de 48.356 euros, e permitirán mellorar dúas interseccións así como executar unha semiglorieta nos dous puntos máis conflitivos desta estrada ao seu paso polo concello de Ponteareas.

En concreto, as obras executaranse no punto quilométrico 1+190, na estrada de acceso ás Eiras e a igrexa de Santa Cristina de Bugarín, onde se executarán cuñas, retranquearanse muros existentes e reporanse beirarrúas; estenderase un microaglomerado no cruce e repintarase sinalizando un carril central de espera para mellorar a seguridade dos xiros á esquerda. Ademais, executarase tamén unha semiglorieta para permitir os cambios de sentido.

Por outra banda, tamén se actuará no punto quilométrico 1+360, no cruce cun vial local en A Freixa, na parroquia de Bugarín. Neste lugar executarase a mesma solución, con carril central e cambio de sentido.

En ambos puntos quilométricos se reporá toda a sinalización horizontal adaptada á nova ordenación do tráfico e se colocaran novas sinais verticais. Os terreos sobre os que se van a executar estas obras son de dominio público e por tanto, non foi necesario executar ningunha expropiación de fincas particulares.

Tal e como explicou o delegado territorial, “a Xunta de Galicia recolleu as demandas dos veciños de que nestes entornos se executara unha actuación máis ambiciosa aproveitando o dominio público dispoñible”. Deste xeito, segundo Cores Tourís os técnicos “avaliaron esta proposta e redactaron unha memoria valorada tras comprobar a viabilidade da mesma”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.