Inician un peche nas dependencias de Portos do Estado en Madrid contra o incumprimento do convenio

Os sindicatos denuncian que non se aplica a suba salarial acordada para todo o persoal público
Publicado por o día 27/01/2021 na sección de España,Protestas,Sindicatos

Inician un peche nas dependencias de Portos do Estado en Madrid contra o incumprimento do convenio

Os sindicatos asinantes do III Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias -CIG, UGT e CCOO- veñen de iniciar un peche nas dependencias de Portos do Estado en Madrid para denunciar que non se cumpre o acordo laboral pactado nin se aplica a suba salarial acordada para o conxunto do persoal público.

A medida de presión adoptouse tras a reunión mantida cos responsábeis do organismo este martes día 26, na que, a demanda da parte social, informouse da situación da aplicación económica do III Convenio Colectivo, publicado no BOE en xuño do ano 2019, e do incremento salarial do 2,3% acordado para o conxunto de empregados/as públicos/as para o exercicio 2020. A resposta foi que carecen da autorización do Ministerio de Facenda para aplicar o pactado e determinado na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado. 

nde para a aplicación da subida prevista para o exercicio 2020 para o conxunto de empregados/as públicos/as”, indican dende as organizacións sindicais.

O mesmo tempo, sinalan que que unha vez máis queda clara a “debilidade” do sistema portuario público estatal na defensa dos dereitos dos persoais das distintas Autoridades Portuarias e Portos do Estado. “O conxunto dos traballadores/as dos portos soportaron, e están a soportar, todos os recortes salariais e de dereitos que ao longo de 10 anos consecutivos cernaron a posibilidade de establecer plans de desenvolvemento profesional e produtividade, tan necesarios para o sistema portuario, baseado en tráficos portuarios tan dinámicos como o tráfico internacional, tanto de pasaxeiros/as como de mercadorías, e con novas funcións e necesidades de prestación de distintos servizos provocados polo avance lexislativo en cuestións tan básicas como a seguridade, a aposta polo tráfico ferroviario, a transición ecolóxica e dixital e un longo etcétera”.

Beneficios económicos

Lembran que o sistema portuario público estatal é un sistema que se rexe polo principio da autosuficiencia económica, que é solvente, e que xerou beneficios nos anos máis duros da crise económica (ao redor de 200 millóns de euros/ano). De feito, o ano pasado tamén xerou beneficios a pesar do contexto de crise provocada pola pandemia. “Aféctannos normas orzamentarias, pero non afectamos os orzamentos xerais do Estado”, inciden. 

Ao mesmo tempo, salientan que o acordo do III Convenio Colectivo (23 de abril de 2019) alcánzase tras a desconvocatoria de folga xeral para todo o sistema (26 de abril de 2019), e nun escenario de convocatoria de eleccións xerais, que tiveron lugar o 28 de abril (2019).

É por todo o anterior polo que a CIG, UGT e CCOO procederon a tomar a mesma sala de reunións onde se lles comunicou que se volve castigar de forma impune o conxunto dos empregados/as públicos/as, traballadores/as que demostran cada día o seu compromiso coa prestación do servizo esencial público, garantindo o paso da mercadorías e pasaxeiros/as polos portos en condicións de seguridade e calidade, e que mesmo nos peores momentos da crise por pandemia cumpriron co seu deber e compromiso público; estiveron ao pé do canón a pesar de non contar cos medios axeitados e arriscaron a súa propia saúde e a das súas familias, achegando medios técnicos propios nas súas casas para que se garantise o paso de mercadorías esenciais”.

Tamén lamentan que polo de agora a resposta que obtiveron foi o “desprezo” cara ao futuro do conxunto de traballadores/as. “Alguén caeu no erro de confundir compromiso de servizo público con sometemento dos dereitos laborais e económicos que lles ampara ao conxunto de persoas traballadoras”. Nesta liña, consideran que nun Estado “moderno e serio” debera rexer o principio de que “os convenio colectivos se se asinan, aplícanse, independentemente da cor do goberno de quenda, e se está presionado ou non pola proximidade dunhas eleccións xerais”.

Finalmente, adiantan que “non imos dubidar” na loita pola dignidade do conxunto de traballadores/as, empregados/as públicos/as, “dende o convencemento de estender as mobilizacións á totalidade do sistema portuario estatal”.