Iníciase a produción dunha longametraxe documental sobre os feitos do 10 de marzo en Ferrol

Por o 21/03/2018 | Sección: Cultura
Iníciase a produción dunha longametraxe documental sobre os feitos do 10 de marzo en Ferrol

A produtora ARTHUR GORDON inicia nestes días a produción da longametraxe documental que abordará os feitos do 10 de marzo do 72 en Ferrol: a tráxica morte dos traballadores Amador Rey e Daniel Niebla baixo os disparos da Policía Armanda cando se dixixían en manifestación xunto con perto de catro mil traballadores do asteleiro Bazán ao en contro dos seus compañeiros de Astano.

Emilio J. Fernández, xerente da produtora, sinala que “é un proxecto a dous anos vista que consideramos pode ser de gran impacto ao referirse a uns feitos emblemáticos dentro do movemento sindical e antifranquista en Galicia e no que aspiramos o apoio tanto das administracións públicas como do tecido asociativo e social ferrolá e galego” así mesmo, sinala “é un proxecto orientado á exhibición nos cines; tras o éxito de VIGO 1972 nas salas (permaneceu 7 semanas consecutivas en carteleira) demostrouse o interese e demanda por parte do espectador galego de obras audiovisuais centradas na nosa propia historia e concretametne nas loitas colectivas a prol da consecución das libertades e dereitos sociais durante a ditadura; somos optimistas en relación á resposta ante este novo proxecto”.

Roi Cagiao que asumirá a dirección do filme apunta “non concebimos o documental sobre o 10 de marzo coma unha secuela máis ou menos oportunista tras o gran acollida que VIGO 1972 está a ter; o proxecto da realización do mesmo foi simultáneo á do filme sobre a folga viguesa; a idea inicial fora dende o primeiro momento da realización dos dous filmes, que compuxesen dese xeito un díptico no que se recollese os feitos que enmarcasen o ano 72 como o cumio das mobilizacións antifranquistas no noso país”.

A produtora ARTHUR GORDON prevé iniciar a rodaxe do novo filme (para o que afirman non ter decidido o título, aínda que a data 10 de marzo forme probablemente parte do mesmo ) a finais deste ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.