O martes día 9 de outubro de 2018 o Estadio Municipal da Sangriña acolleu o inicio das DEPORTE Escolas, na modalidade de Fútbol, promovidas dende a Deputación de Pontevedra.
DEPORTE escolas é un programa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coas federacións deportivas, totalmente gratuíto, que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e nenos en idade escolar a través da oferta de diferentes modalidades deportivas.
Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos de 5 a 15 anos, de toda a provincia de Pontevedra, excepto naquelas escolas nas que, polas características técnicas do deporte que se vai practicar, se modifique a idade das e dos participantes. Nas escolas non se discriminará o alumnado por sexo, fomentando a igualdade.
No Concello da Guarda realizaranse DEPORTE Escolas nas modalidades de Baloncesto, Patinaxe e Fútbol. A modalidade de Baloncesto realizarase no CEIP Manuel Rodríguez Sinde os venres, en horario de 16:00 a 18:00h, a modalidade de Patinaxe, realizarase no CEIP Manuel Rodríguez Sinde os luns, de 17:00 a 18:00 h para os nados do 2013 ao 2008 e tamén os luns, de 18:00 a 19:00 h para os nados do 2007 ao 2002 e a modalidade de fútbol terá lugar os martes e xoves, de 17:30 a 20:00 h, os martes e venres, de 17:30 a 20:00 h e os mércores e venres, de 17:00 a 18:30 h .
O inicio das DEPORTE Escolas de Fútbol coincide co remate dos traballos de reposición do céspede artificial do Estadio Municipal da Sangriña, unhas actuacións que comezaron a finais do mes de agosto financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, despois de 11 anos de uso intensivo e desgaste do anterior céspede instalado, contando cun orzamento total 169.595,78€.
O novo céspede é última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7, cunha base de 20 mm e 45 mm de altura, monofilamento 12,950 Dtex, lastrado con area de sílice lavada e secada a fogo e caucho SBR3D. Este recheo é de maior resistencia os UV, reduce o efecto Saplash, (bote de Balón), maior resistencia a pisada sen polvo no campo, e maior estabilidade.
Tamén se substituíron as mallas das porterías, as bandeiras dos saques de esquina, así coma a revisión e posta a punto do sistema de rego e do correcto funcionamento da drenaxe do campo antes da finalización das obras, para unha correcta práctica deportiva nestas instalacións.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.