Inicio de campaña de CxG en Vigo

Publicado por o día 08/05/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Inicio de campaña de CxG en Vigo

 Dende a Executiva comarcal de CxG temos todo preparado para o inicio da campaña electoral das eleccións ao Parlamento Europeo, que terá lugar a noite do xoves 8 para o venres 9 de maio, diante da Oliveira do Paseo de Alfonso XII, lugar emblemático de Vigo e onde queremos salientar a ligazón á nosa historia, á nosa tradición e á nosa cidade.

 O acto consistirá, ás doce da noite, na pegada dos nosos primeiros carteis electorais e contaremos coa presenza de militantes e simpatizantes para arroupar aos nosos candidatos, que comezarán unha ardua laboura durante quince días para trasladar á mensaxe e a imaxe de Compromiso por Galicia á cidadanía da comarca.

Lugar: Paseo de Alfonso XII, xunto á Oliveira

Día: Xoves 8 de maio ás 24:00

   CxG é un proxecto para o futuro, a única esperanza real do nacionalismo en gobernar e chegar a transformar o noso País, proxecto pequeño agora máis cun grande futuro se logramos ir callando na conciencia progresista e galeguista dos galegos e galegas.

PRENSA CXG