Inseguridade vial no camiño dos Olmos de Redondela

Por o 12/04/2018 | Sección: Galicia,Redondela,Social
Inseguridade vial no camiño dos Olmos de Redondela

A/A do SR. ALCALDE DO CONCELLO DE REDONDELA

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CHAPELA
EXPON

Que o pasado domingo día 7 de xaneiro produciuse un accidente de tráfico no camiño dos Olmos, cando un coche caeu a unha finca por un gran desnivel que se atopa sen ningún tipo de protección, co resultado de tres persoas feridas de diversa consideración. Por sorte, a pesar do aparatoso suceso, esta vez non houbo que lamentar a perda de vidas.
No lugar do suceso presentáronse a policía e ambulancias do 061 e posteriormente unha grúa de grandes dimensións para proceder a retirada do coche sinistrado
No punto onde ocorreu, danse unhas circunstancias absolutamente anómalas e perigosas para un vial con moito tráfico rodado e viandantes, moitos deles nenos e nenas, xa que e un dos accesos o Colexio Alexandre Bóveda. Nesta zona non existe ningún tipo de seguridade:
-. O referido muro de contención da carretera está sen vallas de protección.
-. Carece de zonas delimitadas para peatóns.
-. Con frecuencia hai coches aparcados preto da curva que as veces dificultan o paso do tráfico rodado.
-. Na confluencia co Camiño do salgueiro a curva e moi cerrada, sen protección nin señalización e cun desnivel considerable que pode provocar que os vehículo poidan volcar.

Esa perigosa situación, foi reclamada en varias ocasións dende esta A.VV. sen que o Concello procedera o necesario arranxo. incluso cando xa pensabamos que remataban as obras, ante a nosa reclamación, dende o Concello se nos contestou “como alguén pode pensar que esa zona vai a quedar así, sen protección”. E así quedou. xa pasaron varios anos e a zona segue sen seguridade.
Pasados mais de tres meses dende que ocorrerá o referido accidente, A día da data, a zona segue igual sen protección.
Dende o Concello inda non se tomaron ningún tipo de medidas para seguridade deste vial polo que dende a Asociación de Veciños de Chapela
SOLICITAMOS
Que con urxencia se proceda coa execución dos arranxos imprescindibles para acadar a seguridade neste vial.
Chapela, a 10 de abril de 2018.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CHAPELA

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.