Inspiración vasca na proposta coa que Rafael Pérez (La Carpintería) representará a Vigo en De Tapas por Galicia

Os gañadores dos concursos de pinchos das sete cidades galegas competirán o 4 de xullo nunha Gala Show Cooking organizada por Turismo de Galicia en Compostela
Por o 27/06/2017 | Sección: Alimentación,Formación,Galicia
Inspiración vasca na proposta coa que Rafael Pérez (La Carpintería) representará a Vigo en De Tapas por Galicia

Rafael Pérez, cociñeiro de La Carpintería e gañador do concurso Petisquiño, representará a gastronomía de Vigo
na final do certame De Tapas por Galicia, que reunirá no Hotel San Francisco (Santiago de Compostela) o próximo 4
de xullo aos gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades galegas.

O chef, orixinario de Euskadi, achegará á gala unha proposta baseada na cociña tradicional de Euskadi, elaborada con produto galego.

Organizada por Turismo de Galicia, De Tapas por Galicia busca promover o turismo urbano e gastronómico aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos, e especialmente a súa creatividade á hora de idear este tipo de pratos de pequeno formato.

A receita que representa a Vigo leva por título Callos de bacallau ao pil-pil con txangurro (centola, en euskera), e
baséase na preparación da vexiga natatoria do peixe. O sabor reálzase mesturando dous adobíos tamén tradicionais:
o pil-pil e a salsa biscaíña que acompaña a centola. A tapa preséntase entre dúas follas de pasta wanton que fan as
veces dunha empanada.

O EVENTO

A final do terceiro certame De Tapas por Galicia reunirá en Compostela a sete chefs galardoados nos concursos das
súas respectivas cidades. Durante o evento entragaranse un premio por parte dun xurado formado por profesionais
da gastronomía e a restauración; e outro outorgado por unha selección do público asistente.

Ademáis de Pérez concorren ao certame Chisco Jiménez e Xalo Muñiz da Taberna da Galera (A Coruña); Pablo Vila, do Hotel Puerta del Camino (Santiago); Rubén González Vallejo e Sergio Orge, do Cafetín (Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto González, de La Taberna de Estrella (Ferrol); Miguel González Quintela, do Restaurante Gastrobar Sanmiguel (Ourense); e Álvaro Villasante Armas, do Paprica (Lugo).