Instan o Goberno a que tome exemplo de Italia e impida que Ryanair e Wizz Air cobren pola equipaxe de man

A asociación critica a absoluta pasividade do Ministerio de Fomento e a AESA ante unha práctica que xa denunciou en agosto sen que aínda recibise ningún tipo de resposta.
Publicado por o día 04/11/2018 na sección de FACUA,Social

Instan o Goberno a que tome exemplo de Italia e impida que Ryanair e Wizz Air cobren pola equipaxe de man

FACUA-Consumidores en Acción insta o Goberno a que tome exemplo de Italia e prohiba a Ryanair e Wizz Air seguir coa súa nova política de cobrar pola equipaxe de man que os pasaxeiros leven consigo. O organismo de Competencia do país italiano ha tomado esta medida ao considerar que incluír este custo posteriormente é “unha representación falsa do prezo real do billete”.
 
“Como sempre, en España as grandes empresas teñen barra libre para cometer abusos”, sinalou o portavoz da asociación, Rubén Sánchez, que critica “a absoluta pasividade do Ministerio de Fomento e a súa Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) ante unha práctica que FACUA denunciou en agosto sen que tivésemos resposta algunha ata a data”.
 
Sánchez reclama a Fomento que “abra dunha vez expedientes sancionadores contra Ryanair e Wizz Air”. Neste sentido, o portavoz de FACUA lembra que “a aerolínea irlandesa negouse a abonar as compensacións e indemnizacións que establece a lexislación europea aos pasaxeiros afectados polas folgas deste verán e o Ministerio de Fomento tampouco anunciou sancións contundentes”.
 
Tras a denuncia que presentou contra Ryanair en agosto, FACUA acaba de denunciar ante a AESA a Wizz Air polo mesmo motivo, xa que esta aerolínea está a aplicar exactamente a mesma política que a compañía irlandesa con respecto á equipaxe de man.
 
Unha vez máis, a asociación lembra que esta nova política de cobrar pola equipaxe de cabina iría en contra da propia Lei de Navegación Aérea. Así, o artigo 97 da lei establece que “o transportista estará obrigado a transportar de forma gratuíta en cabina, como equipaxe de man, os obxectos e vultos que o viaxeiro leve consigo”, mentres que só recolle como excepción para denegar o seu transporte “razoes de seguridade, vinculadas ao peso ou ao tamaño do obxecto, en relación coas características da aeronave”.