Instancia sobre a proposta de compra da estructura dun edificio ilegal en Chapela

Dirixido o SR. Alcalde presidente do Concello de Redondela
Publicado por o día 15/09/2017 na sección de Galicia,Redondela

Instancia sobre a proposta de compra da estructura dun edificio ilegal en Chapela

A Asociación  de Veciños de Chapela. EXPÓN:

Que na pasada xuntanza do Consello Parroquial de Chapela, celebrada o 19.07.17, fíxose unha proposta de compra, polo Concello, da edificación ilegal, construída hai arredor de 25 anos, na proximidade da entrada a autoestrada, AP-9, a altura de Avda. de Redondela, 92, Chapela.

Esta Asociación de Veciños non entende que se admita a proposta de compra de un edificio ilegal, con un historial de intentos de legalización por parte de distintos gobernos municipais e que reiteradamente foi declarado ilegal.

Esta proposta foi aprobada por 9, dos 12 asistentes. Deses 9, 5 son directivos do colectivo afectados pola AP-9 e membros da Comunidade de Montes (os representante do club de fútbol,  das ANPAS, da Comunidade de Montes, da asociación de empresarios, e o da Asociación de Afectados pola AP-9) e 4 son dirixentes do PP (o delegado do alcalde, o representante do PP, o representante da Asociación Cultural e Social de Chapela e a representante da Asociación de Xubilados de Redondela). E os representantes dos colectivos votaron sen consulta previa os colectivos do sector que representan.

Deixando aparte os asuntos tratados, a celebración deste consello parroquial  transluce que o representante do alcalde neste órgano, sigue disposto a pervertelo, imposibilitando unha representación plural e verdadeiramente representativa da veciñanza de Chapela.

Dende o goberno municipal, se veu promovendo a participación de organizacións que non son especificamente de Chapela, como e o caso da Asociación de Xubilados de Redondela o a Asociación de Empresarios de Redondela, ningunha das cales participa en outros concellos parroquiais do municipio. Ademais de eliminar representantes de Asociacións de Veciños, para incluír outro tipo de Asociacións que non pertencen a ningún sector dos aprobados na constitución do Consello Parroquial de Chapela.

Na actual composición do Consello Parroquial de Chapela, impugnada pola AVV de Chapela, estase permitindo que recoñecidos membros da Plataforma de Afectados pola Autoestrada AP-9, ocupen a representación de entidades doutros sectores, como entidades deportivas, ou de nais e pais de [email protected]

O suposto representante das ANPAS, nese Consello Parroquial, ao ser cuestionada a súa representación, por non ter fillos en ningún colexio e por apoiar unha proposta que non consultou con ninguén, declarou que o anotaran en representación doutros colectivos, como se a representación dun colectivo ou sector, non tivera que cumprir unhas garantías, e  se puidera traficar coas representacións.

Nesta última sesión aló menos tres [email protected] das ANPAS quixeron participar como público oínte, para interesarse por un asunto que lles afecta, e se lle negou o acceso, cando a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, que no seu apartado 1. do artigo 253, di que “As sesións do pleno das Corporacións Locais serán públicas. . . . . . Serán tamén públicas as sesións  dos órganos de participación.”

Por outra banda, o pleno municipal de Redondela, de data 27 de marzo do 2014 acordou integramente as propostas feitas en moción, pola Federación de Asociacións de Veciñ@s de Redondela, entre as que figuraba a creación dun grupo diferenciado de asociacións rexistradas como “asociacións de veciños”, e outro das restantes asociacións e plataformas, e deberase ter iniciado daquela no prazo de dous meses, ou polo menos no ano 2.015 ao cambiar a corporación.

Por todo isto vemos seriamente comprometida a representatividade da veciñanza e os intereses comúns desta parroquia.

E, por virtude do exposto

SOLICITO:

Que o Concello de Redondela promova, o antes posible, tanto nos Consellos Parroquiais, coma en futuras reformas do seu Regulamento que:

Que se retire a representación no órgano parroquial, as asociacións non especificamente desta parroquia e  emprazamos ao Concello a integralas en órganos participativos sectoriais.

Que se cree un grupo específico para Asociacións de Veciñ@s rexistradas como tales, e outro grupo para asociacións ou plataformas, que non pertenzan a outros sectores, cumprindo o acordo plenario.

Devense definir os asuntos a tratar nos consellos. O alcalde ou en quen delegue, é o responsable da orde do día, e debe cribar os asuntos a tratar, sen un criterio partidista. En todo caso, entendemos que non deben tratar asuntos tratados previamente en órganos superiores e vinculantes, como plenos municipais e xulgados.

Os sectores e colectivos representados no Consello Parroquial, deben coñecer previamente e debater cos seus representantes, os asuntos que van ser tratados no pleno do Consello Parroquial.

Que todos os órganos participativos municipais sexan públicos e coñecidos previa e posteriormente os asuntos e acordos tomados.

En caso de non cumprirse as mínimas garantías democráticas, a sesión debese suspender e anular calquera tipo de acta, acordo, etc.