Afundación e o Instituto Galego do Viño inician o curso de cultura do viño de nivel básico en Vigo

Dirixido a afeccionados e profesionais, impartirase do 9 ao 30 de outubro na Sede Afundación
Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

Afundación e o Instituto Galego do Viño inician o curso de cultura do viño de nivel básico en Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viño dan comezo á súa programación formativa sobre cultura e cata de viño na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26), unha proposta coordinada polo catador e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas. O curso «Certificado en Cultura do Viño Nivel I – Viños de Galicia» impartirase do 9 ao 30 de outubro en horario de 19.00 a 21.30 h. As inscricións pódense formalizar na web Ataquilla.com a partir de hoxe.

Este taller está dirixido a afeccionados e a profesionais de adegas e do eido da hostalería que busquen un primeiro achegamento ao mundo do viño. Neste nivel básico, os participantes aproximaranse ao sector vitivinícola a través de dez conceptos elementais que todo amante do viño debe coñecer. Así, nunha primeira aproximación teórica estudarán as variedades de uva, os climas, os solos, as diferentes formas de cultivar e elaborar o viño, o traballo en adega, a maridaxe ou o mercado e as novas tendencias, para ampliar a súa cultura vitivinícola e desenvolver a memoria sensorial e poder aplicalo posteriormente ao coñecemento práctico, a través de catas, dos viños elaborados en Galicia.


Será impartido por un equipo de sumilleres do Instituto Galego do Viño composto por Xoan Cannas, Juanjo Figueroa e Ismael López.

Comentar noticia

Your email address will not be published.