Insuficiente e bochornosa resposta da Xunta pola falla de prevención nas obras de ampliación do Corredor de O Morrazo

Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Política,PSOE

Insuficiente e bochornosa resposta da Xunta pola falla de prevención nas obras de ampliación do Corredor de O Morrazo

A portavoz de Ordenación do Territorio do Grupos Socialista, María Pierres, considera “insuficiente” a resposta da Xunta sobre os problemas das obras para o desdobramento do Corredor do Morrazo. Pierres presentou unha pregunta en Comisión na que esixiu “medidas inmediatas” ante os continuos vertidos de lodo e o impacto medioambiental que está a denunciar os colectivos veciñais.

Pierres considera “bochornoso” que o goberno galego pretenda “eludir responsabilidades e mesmo insultar á intelixencia dos veciños e veciñas” ao achacar os problemas a unha “suposta situación inapropiada dalgunhas vivendas do entorno”. Lembra que os veciños e veciñas “non sufrían os efectos dos lodos antes as modificacións dos caudais de augas dos regos e as canalizacións deficientes provocadas polas obras de ampliación do corredor”.

Sinalou que “responder que todo se está a realizar con corrección supón negar o recoñecemento que a Xunta asumira no seu día diante da evidencia das anegacións e inundacións por lodos das obras do corredor e, por outra parte, supón negar a necesaria e prioritaria prevención que se ten que esixir na execución dunha obra desta envergadura”. Criticou que o único obxectivo do goberno sexa “menosprezar os efectos e consecuencias da deficiente canalización de pluviais”.

Alerta previa

A deputada socialista referiuse aos problemas provocados por unha obra cuestionada dende antes incluso de iniciarse. Lembrou que o propio Grupo Socialista solicitaba no 2014 que se fixera “garantindo que as obras non volvan a supoñer un martirio para os veciños e veciñas con destrozos de viais, canalizacións de auga, agretamentos de vivendas e brutais impactos paisaxísticos e ambientais”.

As problemáticas xurdidas a raíz da obra repítense no tempo, denunciou a representante socialista, que puxo como exemplo a denuncia polo impacto dos vertidos de lodo que afogan aos bancos marisqueiros, que presentou en xaneiro de 2018 a agrupación de pescadores da Ría de Vigo. Sinalou que entre finais de decembro do 2018 e principios de xaneiro de 2019 a propia Consellería recoñecía os vertidos ao afectar a fincas, vivendas e á casa de turismo rural Durán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.