Axentes da Policía Local de Mos sorprenderon a un veciño de Mos conducindo sen permiso, sen a ITV e SOA e nun evidente estado de embriaguez. Os axentes deron o algo ao vehículo cando este circulaba xusto detrás do coche da Policía Local. Ao comprobar a falta de conservación e mantemento do automovil procederon a darlle o alto, sospeitando de podía carecer de ITV.
Unha vez detido o vehículo comprobaron que o suxeito carecía de permiso de conducción por resolución xudicial e constatando, tras realizarlle a proba de alcoholemia, que triplicaba a taxa de alcohol permitida en aire respirado, polo que se lle investiga por dous delitos contra a seguridade vial.
Ademais, o vehículo carecía da ITV e de Seguro de Responsabilidade CIvil, polo que foi denunciado administrativamente polos feitos acaecidos. O coche foi inmovilizado no lugar e posteriormente trasladado en grúa ao depósito municipal.
Noticias de última hora en Vigo