Interrompido o tráfico ferroviario ao alcanzar un tren a unha persoa na Estación de Osebe, en Teo

Publicado por o d√≠a 01/10/2019 na sección de Sucesos

Interrompido o tráfico ferroviario ao alcanzar un tren a unha persoa na Estación de Osebe, en Teo

Unha persoa faleceu en Teo despois de ser alcanzada por un tren á altura da Estación de Osebe.

A causa desta situación, interrompeuse a circulación ferroviaria ata que, pouco a pouco, puidéronse habilitar pasos alternativos pola vía contigua.

Mentres, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan de averiguar as circunstancias deste suceso, que tivo lugar ás 15:40 horas de hoxe, tal e como indicou unha persoa particular que contactou co 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida da persoa.

Ademais, como consecuencia desta situaci√≥n, o tr√°fico ferroviario resultou afectado por alg√ļns cortes e retrasos, ata que puido ser habilitado un paso alternativo pola v√≠a contigua. √Ās 18:30 horas de hoxe, o tr√°fico quedaba completamente restablecido

Comentar noticia

Your email address will not be published.