Intervencións de arte pública en Galicia

Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Intervencións de arte pública en Galicia
Este xoves día 17 de outubro o Ateneo Atlántico invita á doutora Eva López Tarrío e ao catedrático e crítico Antón Castro, a unha palestra na Casa Galega da Cultura para discutir o papel que xoga a arte pública nas nosas cidades.

A relación da obra de arte co espazo público pasou de estar ligada a unha imperiosa necesidade de significación, que ten que ver co carácter social que trae consigo o progreso e a proxección pública dos máis variados sentimentos, do século XIX, a constituír un problema no ámbitos das vangardas do século XX.

No momento actual a problemática urbana e a súa relación coa produción de arte pública segue a ser obxecto de debate. Quizais sexa conveniente lembrarmos que perdido o carácter conmemorativo, dominante até comezos do século pasado aínda que presente posteriormente, o papel da arte no espazo público acaba por constituírse nun problema, non resolto totalmente no noso tempo.

  • Antón Castro é catedrático de Historia da arte na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, comisario de exposicións e crítico
  • Eva López Tarrío, doutora en Belas Artes, comisaria de exposicións e autora da tese ”Modelo integrado de Arte e Natureza
  • Carlos Bernárdez é historiador da arte, comisario de exposicións e crítico
Entrada libre ata completar aforo (50 persoas)
Intervencións de arte pública en Galicia
Xoves 17 outubro · 19:30h
Casa Galega da Cultura · Pz. da Princesa, 2

Comentar noticia

Your email address will not be published.