Interveñen os bombeiros para liberar a un traballador atrapado pola caída dunha parede en Bergondo

Publicado por o día 21/01/2020 na sección de Sucesos

Interveñen os bombeiros para liberar a un traballador atrapado pola caída dunha parede en Bergondo

Un operario quedou atrapado pola caída dunha parede mentres realizaba o desentullo dun local de oficinas en Bergondo. Para liberalo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Betanzos, que localizaron ao ferido atrapado polas pernas.

Unha vez liberado, o operario foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia, onde será atendido das lesións provocadas pola caída dun tabique cando traballaba nas instalacións situadas na parroquia de Lubre, concretamente no Polígono Industrial de Bergondo. Alí acudiron os servizos de emerxencias en canto o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular este mediodía.

Ademais dos profesionais sanitarios e os efectivos de salvamento, ao lugar do accidente acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de coñecer os detalles do accidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.